• Participantes de toda España e Portugal disputaron a proba de Pantón, celebrada do 13 ao 15 de abril
• Os días 13, 14 e 15 de abril, o complexo de golf OCA Aguas Santas reuniu a máis de 110 xogadores de España e Portugal no Torneo Semana Santa 2017.
O vencedor absoluto da proba foi o local Manuel Hernández, con 69 golpes brutos. Pola súa banda, a primeira categoría, na que competían os hándicaps ata 15,5, tivo como gañador ao xogador local Juan Carlos Pérez «Kukín», que rematou a proba con 39 puntos. O segundo lugar foi para a ourensá Chus Rodríguez, tamén con 39 puntos, e o terceiro posto correspondeu ao lucense Alberto Campos, con 38 puntos.
Na segunda categoría, o gañador foi Enrique Gugel, do club Golf Miño, con 42 puntos, mentres que o segundo posto correspondeu a Rosario Vázquez, de Hércules Golf, con 41 puntos. Os postos de premio complétaronse con xogador local Vicente Solarat, tamén con 41 puntos.
Loly López, do Augas Santas, acadou o premio á mellor dama, e Manuel Santos, do Hércules Golf, levou o premio ao mellor xogador sub-18.•