En Marea reclama melloras no control ambiental dos ríos da comarca de Lemos

• Deputados de En Marea visitaron varios puntos contaminados da rede fluvial en Sober e O Saviñao

A eurodeputada de AGE, Lidia Senra, e os deputados de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez Estévez e Paula Vázquez Verao, na súa visita ao río Pesqueiras, no Saviñao, o 12 de abril.
(Foto: En Marea).
• En Marea reclama melloras no saneamento dos ríos da comarca de Lemos e na súa contorna fluvial. A mediados de abril, varios responsables desta formación visitaron Sober e O Saviñao para comprobar in situ o estado de deterioro e contaminación da rede fluvial desta comarca.

 

Os parlamentarios de En Marea e a eurodeputada de AGE achegáronse na mesma xornada ao río Cabe, na zona de Canaval, para comprobar o deterioro medioambiental deste espazo.
(Foto: En Marea)
DETERIOROS EN CANAVAL E O SAVIÑAO
Os deputados de En Marea no Parlamento galego, Davide Rodríguez Estévez e Paula Vázquez Verao, xunto á eurodeputada de AGE Lidia Senra, achegáronse ata a zona do Cubeiro, en Canaval, onde comprobaron o deterioro ecolóxico deste espazo. Os parlamentarios, acompañados de veciños de Sober, lembraron que o anuncio do Concello soberino da posta en marcha dunha intervención de acondicionamento moi demandada pola veciñanza «será insuficiente» se non vai acompañada dunha mellora no saneamento do río Cabe en Monforte. Os deputados de En Marea denunciaron que o Cabe chega a Canaval «convertido nun río moi contaminado», con repercusións na flora e fauna deste caudal.
A continuación, os parlamentarios de En Marea comprobaron os efectos dos verquidos dunha planta láctea no río Pesqueiras, no Saviñao, que producen malos olores e dan un aspecto «morto» ao río.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte celebrou a IX Carreira Popular

Seguinte Nova

Nova edición da Ruta BTT Castelo Bike en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: