Impulso á produción de castaña de calidade no Courel

A alcaldesa de Folgoso, Dolores Castro, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na reunión do 20 de abril. GPCMR

• A produción alimentaria de calidade seguirá a contar co impulso da Xunta de Galicia, como un factor de desenvolvemento dos municipios. A mediados de abril, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, reuniuse coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para afondar no impulso da produción de castaña de calidade certificada neste municipio lucense. Este impulso, que se materializa a través da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, contribuirá a reforzar esta produción como sinal de identidade deste municipio, segundo precisou na reunión a rexedora de Folgoso.  Pola súa banda, Vázquez ratificou o compromiso da Xunta en seguir potenciando a Indicación Protexida e a produción e comercialización de castaña galega en xeral. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto ata o 18 de abril o prazo para participar no programa Buxiganga

Seguinte Nova

A Xunta creará un premio á excelencia da calidade do leite nas granxas de vacún

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: