•A proba terá lugar o domingo 21 de maio, con dúas modalidades de trazado
• O vindeiro 21 de maio, Monforte acollerá a III Ruta BTT Castelo Bike, un evento organizado polo Club Castelo Bike coa colaboración do Concello de Monforte.
VARIOS PERCORRIDOS PARA ADAPTARSE AOS NIVEIS FÍSICOS DOS PARTICIPANTES
Segundo explicou o presidente deste clube, José Manuel Pérez, a proba vaise adaptar a todo tipo de niveis físicos, polo que está deseñado un percorrido «máis duro» de 53 quilómetros, e outro «máis suave» de 37, ademais de contemplar a posibilidade de facer un desvío de 29 quilómetros de lonxitude «para aquelas persoas que estén iniciándose».
Pérez tamén explicou que a III Ruta BTT Castelo Bike non ten carácter competitivo, aínda que se van entregar 5 trofeos aos primeiros participantes en chegar ao Alto do Freixo, o punto máis elevado da proba. O obxectivo da ruta é «disfrutar da bicicleta por zonas naturais cun encanto especial», precisou Pérez.

NATUREZA, DINAMIZACIÓN E LECER
Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, animou á cidadanía a participar na III Ruta BTT Castelo Bike, e destacou o compromiso do Concello con este tipo de probas, «que permiten estar en contacto coa naturaleza e relacionarte con máis xente». Ademais, Tomé destacou a importancia deste eventos «que atraen xente e visitantes a Monforte».

INSCRICIÓN ABERTA ATA CUBRIR PRAZAS
A inscrición está aberta ata completar as 200 prazas. Poderá formalizarse na web do Concello ou no enlace https://goo.gl/forms/j312AMrphlu0LFlq1. O prezo da inscrición é de 12 euros, e de 25 euros con xantar.•