Recepción oficial no Concello á atleta Saleta Fernández

•En recoñecemento aos seus logros este ano, no que acadou dúas medallas no Campionato de España

O alcalde de Monforte, José Tomé, recibiu no Concello á atleta Saleta Fernández, o pasado 17 de abril. GPCM

• O 17 de abril, o alcalde de Monforte, José Tomé, recibiu no Concello á atleta monfortina Saleta Fernández, en recoñecemento dos seus últimos logros a nivel nacional. Saleta Fernández acadou a medalla de prata en salto de altura no Campionato de España Absoluto de Atletismo en pista cuberta, celebrado no mes de febreiro. Este logro aumenta as posibilidades da monfortina de participar en xullo no Campionato Europeo sub -23.
Ademais, en febreiro Saleta Fernández logrou o ouro no Campionato de España Promesas en pista cuberta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas esixen á Xunta «compromiso firme» na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Augas Santas reuniu a máis de 110 xogadores no Torneo Semana Santa

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: