A Ribeira Sacra acadou máximos históricos de ocupación na Semana Santa

•O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra apunta ao bo tempo, as festas da contorna e a intensa actividade promocional como claves deste éxito

As festas e eventos, como a Feira Medieval de Monforte, funcionan como atractivos para o turismo de Semana Santa na Ribeira Sacra. Arquivo EC.

•Segundo o Consorcio de Turismo, estes datos supoñen un incremento superior ao 22% respecto a 2016

• A ocupación hoteleira na Ribeira Sacra durante a Semana Santa superou todas as previsións, e acadou máximos históricos, segundo datos emitidos polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Nos días previos á Semana Santa, a ocupación media foi do 73%, cifra que se incrementou ata o 89% do Xoves Santo ao Domingo de Pascua. En termos xerais, a ocupación medrou por encima do 22% respecto á Semana Santa de 2016.
OS HOTEIS, A OPCIÓN MÁIS DEMANDADA NA COMARCA DE LEMOS
Por tipoloxía de establecementos, na comarca de Lemos o turismo rural rexistrou unha ocupación do 81%, sendo do 82% nos hoteis de tres e catro estrelas, e do 55% no resto de establecementos. No resto do territorio, as cifras foron lixeiramente inferiores. Pola súa banda, na zona ourensá da Ribeira Sacra a ocupación foi do 100% no turismo rural, do 98% nos hoteis de tres e catro estrelas, e do 68% no resto de establecementos.
BO TEMPO, DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN, AS CLAVES DESTE ÉXITO
Dende o Consorcio de Turismo, apuntaron como factores deste incremento o bo tempo,  e a data máis tardía da Semana Santa, ademais de salientar o efecto das accións promocionais que desenvolve este organismo, como o programa televisivo “Volando Voy” adicado á Ribeira Sacra, ou as reportaxes publicadas en diferentes medios e canles nacionais. Ademais, o Consorcio destacou a importancia do “traballo de todo o territorio, e o aumento do compromiso co desenvolvemento turístico”. Por último, salientaron o efecto chamada de eventos como as Feiras do Viño de Sober e Quiroga, a Feira Medieval de Monforte, e Feira do Augardente de Portomarín.•

•268 PERSOAS PARTICIPARON DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONSORCIO DE TURISMO

•Minería Aurífera: 100%. O visitante medio foi de procedencia nacional, entre 30 e 50 anos de idade.
•Viñobús: 100%. O perfil medio do usuario é de 28 a 55 anos, de procedencia nacional.
•Rutas do Románico: sumaron 128 visitantes, nunha actividade sen reserva de praza. A máis demandada foi a ruta Pantón-Sober, e a do Saviñao. O perfil do visitante foi galego, cunha idade entre 35 e 50 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Clúster de Turismo de Galicia elixiu Lugo para iniciar a súa xira promocional por Galicia

Seguinte Nova

Melloras en estradas de Láncara por máis de 400.000 euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss