A XVII Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase o 28 de maio no muíño de Bendilló

Os productos das terras de Quiroga protagonizan un amplo calendario de eventos festivos. Arquivo EC
• A comisión organizadora da XVII Mostra do Aceite de Quiroga decidiu trasladar a celebración deste evento ao domingo 28 de maio, co obxectivo de evitar a coincidencia co desenvolvemento doutras festas gastronómicas que se celebran na primeira metade do mes de maio no sur de Lugo.
INTERESE ETNOGRÁFICO
Segundo informaron os responsables da organización, serán cinco os produtores de aceite que finalmente participarán no evento do día 28 de maio, que terá lugar no singular muíño artesanal de Bendilló, elemento ademais de gran interese etnográfico.
ACEITE VIRXE EXTRA
As mostras dos cinco aceite presentados polos colleiteiros acadaron, pola súa calidade, a categoría de aceite virxe extra, como en edicións anteriores. As mostras analizadas someteranse, proximamente, a un panel de catadores locais, nun acto que se celebrará nas instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun millón de euros para mellorar a calidade da peregrinaxe no Camiño Francés

Seguinte Nova

Máis de 280 equipos de toda a provincia xogarán a Copa Deputación de Fútbol

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: