A XXVI Feira do Viño de Vilachá terá lugar na primeira fin de semana de maio
• Os días 6 e 7 de maio, as máis antigas adegas do sur lucense abrirán as súas portas para celebrar a XXVI Feira do Viño de Vilachá de Salvadur, no concello de A Pobra do Brollón.
SERVIZO DE AUTOCARES DENDE MONFORTE E A POBRA
Co fin de facilitar o transporte e o disfrute da xornada festiva, dende a organización da Feira do Viño de Vilachá informaron de que haberá servizo de autocares na tarde do sábado día 6. Establécense dúas saídas, dende Monforte ás 18,00 horas, e dende A Pobra do Brollón ás 18,30 horas. O regreso dende Vilachá está previsto ás 03,00 horas.

CHOURIZADA E CANTOS DE TABERNA O SÁBADO
A programación iniciarase na tarde do sábado, con pasarrúas, a partir das seis, a cargo dos grupos de cantos de taberna Os Corenta e Chinco Boys, Os Estoupafoles, Os Mesmos, Os Palletas e Os Amigos do Caldeiro. Ás nove, comezará unha gran chourizada, e a festa continuará coa actuación, dende as nove e media, de Festicultores Troupe.

PREGÓN O DOMINGO 7 DE MAIO
A xornada do domingo comezará ás once e media con alboradas interpretadas polo Grupo de Gaitas da Escola Municipal de Música Samoeiro. Ás doce, tomarán o relevo os grupos de cantos de taberna Arrincadeira, As Lucecús, Raíces do Campo e Cantareiros da Unión. A lectura do pregón, á unha da tarde, estará a cargo de Ruth Rodríguez Ferreiros, técnico da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. A festa rematará coa actuación, ás tres e media, da charanga Nova Terra de Trives.•