Máis de 17.600 caixas de documentos do Arquivo Histórico Provincial foron consultadas polos cidadáns en 2016

• Os documentos que máis se consultaron foron os catastros • A meirande parte das consultas realizáronse de forma presencial no propio Arquivo

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizou unha visita ao Arquivo Histórico Provincial, acompañado pola directora, Dolores Pereira. GPDTL

• Ao longo de 2016, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo atendeu as consultas realizadas por 1.962 cidadáns,  que accederon a 17.684 caixas de documentos.
Segundo deu a coñecer o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita ao Arquivo o pasado 22 de abril, os documentos máis consultados pola cidadanía foron os catastros, pola necesidade de obter unha base documental sobre a que exercer os seus dereitos.
Balseiro estivo acompañado pola directora do Arquivo, Dolores Pereira, que explicou que o Catastro do Marqués de la Ensenada, elaborado no século XVIII, emprégase sobre todo para determinar os lindes entre parroquias, e con eles os dereitos de uso dos montes comunais. Pola súa banda, o Catastro dos anos 50 resulta de gran utilidade para localizar fincas de propiedad privada.
Do total das consultas que fixeron os cidadáns, 2.320 realizáronse en persoa, e outras 242 formalizáronse a distancia. O Arquivo facilitou 17.224 copias, das que 11.389 foron en papel e o resto en formato dixital. Ademais, este organismo emitiu 40 certificados e realizou 643 compulsas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentado en Monforte de Lemos o primeiro volume da Biblioteca da Mesopotamia

Seguinte Nova

Os deportistas do ximnasio Neka acadan sete medallas no XVII Open de Marina D’Or

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: