Melloras en estradas de Láncara por máis de 400.000 euros

•A Xunta xa licitou os traballos de acondicionamento dun tramo da travesía de Láncara, por preto de 100.000 euros

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desplazouse a Láncara para coñecer as características do proxecto xa licitado. GPXG
• A Xunta de Galicia anunciou diversos investimentos para mellorar as infraestruturas da comarca de Sarria, para o que destinará nos vindeiros meses algo máis de 416.000 euros.
OBRAS EN DOUS QUILÓMETROS DA TRAVESÍA DE LÁNCARA
Este mes, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou os traballos de rehabilitación do firme dun treito da travesía de Láncara, por importe de preto de 100.000 euros. As obras desenvolveranse na LU-621, nun tramo de preto de dous quilómetros. En concreto, os traballos inclúen a reparación das deformidades no firme en todo o ancho da sección, para continuar coa aplicación dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, para substituír ao actual firme de macadam.
Na mesma estrada LU-621, ao seu paso polo concello de Baralla, a Xunta investiu preto de 150.000 euros o ano pasado para arranxar o firme no tramo comprendido entre
Pousada e o enlace coa N-VI.
TRES ACTUACIÓNS DENTRO DO PLAN DE VIALIDADE INVERNAL
Ademais da obra xa licitada, a Xunta anunciou máis traballos na rede de estradas que discorren polo municipio lancarao, incluídos dentro do plan de conservación e vialidade invernal da zona sur de Lugo.
Por unha banda, a Xunta investirá 108.808 euros na rehabilitación do pavimento en sete quilómetros da estrada LU-621 entre A Pobra de San Xiao e Baralla, ademais do pintado da separación de carrís en toda a vía. Por outra, na estrada LU-622 de Corbelle a Láncara vaise acondicionar o pavimento en preto de seis quilómetros e o repintado das marcas viais, por valor de  144.961 euros.
Por último, investiranse preto de 13.000 euros en sinalización de bandas de alerta na travesía de A Pobra de San Xiao e na recta de Maceda, ademais de renovar a sinalización luminosa na travesía da capitalidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra acadou máximos históricos de ocupación na Semana Santa

Seguinte Nova

A gran festa da lectura no Día do Libro en Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss