Monforte conta cunha nova fonte pública

O alcalde de Monforte e o concelleiro de Servizos supervisaron os traballos de instalación da nova fonte da Compañía, o pasado 11 de abril. GPCM
• Dende Semana Santa, Monforte conta cunha nova fonte pública. O Goberno local vén de instalar na mediana da Compañía, fronte ás escaleiras que dan entrada á explanada, unha fonte de madeira, con tres depósitos a diferente nivel, ademais de contar con iluminación. As luces non só están destinadas a realzar o xogo de auga do circuíto de recirculación, senón que tamén servirá para sinalizar a totalidade da mediana deste vial, con media ducia de focos led.
CARACTERÍSTICAS DOS MATERIAIS
A bomba de recirculación da auga permite manter o movemento da auga optimizando o consumo, xa que só se perde a auga evaporada de xeito natural, mentres que o resto se reutiliza ao longo do ciclo.
O uso da madeira está vinculado, segundo explicaron dende o Concello, ao entorno paisaxístico, ademais de pola resistencia da madeira de IPE fronte á humidade e aos insectos.
O custo da fonte ascende a 6.171 euros, aos que hai que sumar outros 1.123 euros da instalación eléctrica, e os 300 euros da compra dos focos led.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Semana Santa, tempo de oportunidades no Street Market de Chantada

Seguinte Nova

Música e arte na dinamización cultural do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: