•A exposición do pintor lucense Maximiliano López pode visitarse ata o 20 de maio
A axenda do Círculo Saviñao ofreceu unha diversidade de opción culturais no mes de abril. O domingo día 9, a Coral do Liceo de Ourense interpretou o Concerto Sacro na igrexa parroquial de Escairón, baixo a dirección de Yolanda Grela Betoret e o acompañamento do pianista Ángel Losada Nine. A actuación estivo organizada polo Círculo Saviñao.
Pola súa banda, a cantautora murciana Amarela elixiu Escairón para pechar a súa xira previa aos traballos de preparación do seu novo disco. Na súa volta ao Círculo, Amarela interpretou temas destacados do seu primeiro traballo, “El viaje de la luz”.
A creación artística ocupa un lugar destacado nas actividades do Círculo Saviñao. Ata o 20 de maio está aberta no Círculo Saviñao unha nova exposición do pintor lucense Maximiliano López. A mostra inclúe sobre todo traballos en grafito e bolígrafo, ademais de óleos.