•Na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, o Clúster deu a coñecer os proxectos que está a realizar
•O Clúster está formado por 54 entidades (federacións, consorcios e asociacións), que agrupan a 6.727 empresas de toda Galicia, e representan ao 95% do colectivo
• O Clúster de Turismo de Galicia iniciou en Lugo a súa xira promocional por Galicia, nun evento celebrado da sede da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL). Entre outras autoridades, estiveron presentes no acto o presidente do Clúster, Francisco González; o presidente da APEHL, Cheché Real; o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal.
VERTEBRAR A OFERTA TURÍSTICA E MÁIS COLABORACIÓN
Esta xira, a primeira que organiza o Clúster de Turismo de Galicia dende a súa constitución no ano 2013, ten como obxectivo dar a coñecer o labor e os proxectos que está a desenvolver este organismo para promover o sector turístico galego. Neste sentido, Francisco González afirmou que o Clúster busca constituírse como “a voz do turismo, vertebrando unha oferta rica e diversa como é a galega, e promovendo actividades de colaboración”, co fin de mellorar a competitividade, a innovación e a internacionalización do sector.

TURISMO FAMILIAR
O Clúster de Turismo de Galicia tamén presentou en Lugo o proxecto Galicia Destino Familia, que trata de promover a nosa Comunidade como destino para viaxar en familia. González explicou que o proxecto buscar adoptar unha estratexia común entre os establecementos deste segmento, para que os consumidores os poidan identificar facilmente e coñezan as súas instalacións, así como as ofertas e servizos que propoñen.•