Os deportistas do ximnasio Neka acadan sete medallas no XVII Open de Marina D’Or

•Estes resultados propiciaron o ouro para Galicia en adultos, e o bronce na categoría xeral absoluta

No centro da imaxe, Elena Varela e Álex Camba, deportistas do Neka, acadaron a medalla de ouro de técnica na modalidade de parella. (Foto cedida).
Á esquerda, Meritxell Varela, medalla de prata, e Elena Varela, medalla de ouro, no podio individual. (Foto cedida).
Os integrantes da expedición do Neka ao XVII Open de Marina D’Or, nun momento de descanso. (Foto cedida).
• Un grupo de deportistas do ximnasio Neka de Monforte vén de participar no XVII Open de Taekwondo de Marina D’Or, disputado na localidade castellonense de Oropesa del Mar os días  22 e 23 de abril.
MÁIS DE 1.000 DEPORTISTAS
Nesta proba, na que participaron máis de 1.000 deportistas, os monfortinos conseguiron un total de sete medallas, a nivel individual e nas modalidades de parella e trío. O bo papel dos taekwondistas do Neka serviu para que Galicia se proclamara vencedora do Open na categoría de adultos, e lograse a medalla de bronce na clasificación xeral absoluta.
A nivel individual, Álex Camba conseguiu un ouro, e Elena Varela tamén logrou o primeiro posto no podio, mentres que Meritxell Varela foi prata, e Carla Pardo bronce. En parellas, Álex Camba e Elena Varela lograron a medalla de ouro. En trío, Nerea Fernández, Carla Pardo e Sydney Rodríguez foron medalla de ouro, mentres que José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández conseguiron a prata.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 17.600 caixas de documentos do Arquivo Histórico Provincial foron consultadas polos cidadáns en 2016

Seguinte Nova

O Clúster de Turismo de Galicia elixiu Lugo para iniciar a súa xira promocional por Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: