Semana Santa, tempo de oportunidades no Street Market de Chantada

•Catorce establecementos chantadinos organizaron un mercado de rúa con roupa, calzado e complementos a prezos moi reducidos

Os días 11 e 12 de abril desenvolveuse o Street Market, no que catorce establecementos de Chantada realizaron un mercado de rúa con grandes descontos en roupa e calzado. EC

• Un total de catorce comercios de Chantada participaron no Street Market, un mercado de rúa que durante os días 11 e 12 de abril ofreceu roupa e calzado con importantes descontos. Calzados Doval, Calzados Marisa Doval, Xanela, Complementos Luca, Deportes Jamex, Doce Lar, Gallery, Luchy Moda, Merceditas, Tango, Zapatería Claqué, Axóuxere, Hiedra e A Tu Vera aproveitaron as datas de Semana Santa, con maior afluencia de visitantes, para organizar este outlet. Os comerciantes amosaron a súa satisfacción polo resultado deste mercado, que esperan repetir con regularidade.
Esta iniciativa xurdiu dos propios comerciantes, que contaron co apoio da Asociación de Empresarios de Chantada -CCA Ribeira Sacra en canto a xestión dos permisos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas reuniu a máis de 110 xogadores no Torneo Semana Santa

Seguinte Nova

Monforte conta cunha nova fonte pública

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: