A Xunta comprométese a iniciar os trámites para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

•O presidente da Xunta anunciou que a Ribeira Sacra contará coas máximas garantías de protección dende o primeiro trámite

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, o pasado 8 de maio. GPXG
• A Ribeira Sacra dará un novo paso na súa aspiración a ser Patrimonio da Humanidade. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vçen de anunciar que o Executivo galego iniciará este verán os trámites para declarar á Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo para poder solicitar á UNESCO a súa consideración como Patrimonio da Humanidade.
FEIJÓO APELA Á «RESPONSABILIDADE E COMPROMISO» DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS
O mandatario galego fixo este anuncio durante a súa visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, o pasado 8 de maio. Núñez Feijóo precisou que a Ribeira Sacra van contar coas máximas garantías de protección dende o inicio dos trámites deste proceso. Así mesmo, o presidente da Xunta amosou a súa confianza «na responsabilidade e no compromiso» de todas as administracións implicadas «para acadar o éxito neste obxectivo».
AMPLO TERRITORIO
O mandatario autonómico lembrou que a Ribeira Sacra abrangue 21 concellos das provincias de Lugo e Ourense, cunha extensión de máis de 36.000 hectáreas de terreo, que suman máis de 200.000 parcelas.
TRAMITACIÓN COA UNESCO
Núñez Feijóo anunciou que a Xunta remitirá este ano á UNESCO a documentación necesaria para iniciar os trámites da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Conta atrás para celebrar a XXIV Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Seguinte Nova

Aberto o prazo de selección de empresas lucenses para contratar 40 mozos do LugoWork

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss