A XVII Carreira Popular Rota do Románico celebrarase en Pantón o 27 de maio pola tarde

• O sábado 27 de maio pola tarde, terá lugar a décimo sétima edición da Carreira Popular Rota do Románico, unha das citas do running no sur de Lugo, e organizada polo Concello de Pantón dentro dos actos promocionais en torno á Mostra do Viño e o ciclo da Rota do Románico.
CATEGORÍAS MENORES DENDE AS 6 DA TARDE
A proba comezará cos percorridos das categorías menores, a partir das 18,00 horas. Haberá catro categorías, con distancias que varían entre os 50 metros da categoría mini, para os nados despois de 2012, e os 1.100 metros da categoría que agrupa aos nados entre 2002 e 2004. Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
INSCRICIÓN NAS CATEGORÍAS MENORES ATA O 25 DE MAIO
As inscricións deberán realizarse por correo electrónico no enderezo culturapanton@hotmail.com, ou presencialmente no Edificio Sociocultural de Ferreira. O prazo remata o 25 de maio.
PROBA ABSOLUTA
A carreira absoluta sairá ás 19,00 horas, cun percorrido de 6,27 quilómetros. A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba, diante do Edificio Sociocultural de Ferreira, en horario de 16,30 a 18,30 horas. As inscricións deberán formalizarse on line a través da web www.championchipnorte.com, antes do xoves 25 de maio.
Establécense cinco categorías, con premio para os tres primeiros corredores e corredoras clasificados. A organización ofrecerá avituallamento final para todos os participantes que rematen a proba.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte celebrará o Festival de Viños da Ribeira Sacra no verán

Seguinte Nova

Jesús Rodríguez, presidente de Novas Xeracións do Partido Popular de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss