Aberto o prazo de selección de empresas lucenses para contratar 40 mozos do LugoWork

A Deputación de Lugo subvenciona con 4.200 euros a contratación durante 6 meses dos participantes no LugoWork que xa remataron a fase de formación

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos participantes no curso de socorrismo do LugoWork. GPDL
• Ata o 28 de maio está aberto o prazo para que presenten as súas solicitudes as empresas lucenses interesadas en contratar a mozos e mozas participantes no LugoWork.
CANDIDATOS CON FORMACIÓN EN VENDAS ON LINE, XESTIÓN INFORMÁTICA PARA PEMES E MAQUINARIA FORESTAL
Segundo lembrou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, nun encontro cos participantes no curso de socorrismo en instalacións acuáticas, as empresas que resulten seleccionadas recibirán axudas de 4.200 euros para cubrir os custos laborais, durante 6 meses, dos 40 mozos e mozas que xa remataron  a súa formación nos cursos do LugoWork. En concreto, nesta quenda optarán a un posto de traballo nas empresas que resulten beneficiadas os lucenses menores de 30 anos que completaron os cursos de auxiliar de vendas online e atención ao público, auxiliar de xestión informática e internet para PEMES, e emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal.
A Deputación de Lugo financia con 2 millóns de euros, que captou da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial, a formación dos mozos e as axudas á contratación dentro deste programa. Xa están en marcha outros seis cursos do LugoWork, no que están a formarse un total de 94 lucenses menores de 30 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta comprométese a iniciar os trámites para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Monforte celebrará o Festival de Viños da Ribeira Sacra no verán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: