Jesús Rodríguez, presidente de Novas Xeracións do Partido Popular de Sarria

• Elena Candia destacou o «carácter emprendedor e de unidade» da nova directiva

Miguel Tellado, Elena Candia e José Antonio García arrouparon á nova directiva na proclamación de Jesús Rodríguez Martínez como presidente de Novas Xeracións de Sarria, o 5 de maio. GP PP-LUGO
• O pasado 5 de maio, celebrouse en Sarria o congreso extraordinario da formación local de Novas Xeracións, no que foi proclamado presidente Jesús Rodríguez Martínez. O novo responsable desta agrupación, que presentou o triple de avais necesarios para promover a súa candidatura, aceptou o posto «con total orgullo e responsabilidade, ao igual que os integrantes do meu equipo».
A NOVA DIRECTIVA QUERE DESENVOLVER «UN PROXECTO ATRACTIVO PARA A MOCIDADE»
Logo da súa proclamación, Jesús Rodríguez, emprendedor sarriao de 24 anos vinculado ao sector cárnico e á distribución, deu a coñecer a xunta directiva coa que pretende desenvolver un «proxecto atractivo para a mocidade». O equipo, encabezado por Rodríguez Martínez, inclúe a Sandra Fernández Limeres como vicepresidenta, Serafín Pontón Rodríguez como secretario, e Ismael Torres Balboa como coordinador, ademais de Andrés Fernández Díaz e Vanesa Pontón Rodríguez, que exercerán de vogais da xunta executiva local.
CANDIA PEDIULLES «TRABALLO E ILUSIÓN»
Na súa proclamación como líder de Novas Xeracións de Sarria, Jesús Rodríguez estivo arroupado pola presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. «Sodes o futuro», lembroulles a dirixente dos populares lucenses, e insistiu en que «sodes necesarios para que Sarria volva a ser o que era». Candia recoñeceu o «compromiso deste mozos e mozas» que toman o rumbo da formación política porque «o facedes a cambio de nada», e pediulles «traballo, traballo e máis traballo», aínda que tamén «ilusión».
O SECRETARIO XERAL DO PP DE GALICIA REIVINDICOU QUE «SER MOZO E SER DO PP HOXÉ É UN XEITO DE SER REBELDE»
Pola súa banda, o secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, afirmou no acto de proclamación de Rodríguez como novo presidente de Novas Xeracións de Sarria que «ser mozo e ser do PP hoxe tamén é un xeito de ser rebelde». «É ser rebelde contra o pensamento único que nos quere impoñer o populismo, e tamén ser rebelde contra os que nos din que non somos modernos nin somos xente do común», apuntou Tellado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XVII Carreira Popular Rota do Románico celebrarase en Pantón o 27 de maio pola tarde

Seguinte Nova

Cecilia Quiroga, do IES A Pinguela, bronce no Campionato Galego de Orientación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss