• Do total de 800 solicitudes presentadas polos 24 GDR nos dous primeiros meses do Plan, 261 proceden de Grupos de Desenvolvemento Rural lucenses
Das 883 solicitudes, 261 foron rexistradas por Grupos da provincia de Lugo. O GDR Miño-Ulla, integrado polos municipios de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Portomarín, Sarria e Taboada, contou con 47 solicitudes, o mesmo número que as presentadas polo GDR Terras de Miranda, grupo co maior volume orzamentario en cando a proxectos presentados, ao sumar 8,4 millóns de euros.
Estas solicitudes deberán ser avaliadas polos GDR e remitidas á Axenda Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) antes do 30 de xuño. Está en marcha unha segunda convocatoria para presentar máis proxectos, e que se resolverá segundo a dispoñibilidade de fondos.
En canto á financiación, o Plan Leader 2014-2020 introduce como novidade a posibilidade de transferir orzamentos entre grupos. Así, existe unha asignación inicial igual para os 24 GDR, de 563.337,58 euros por Grupo, pero no vindeiro exercicio as puntuacións realizaranse segundo a execución das iniciativas en cada grupo, establecendo un sistema competitivo. “Os proxectos competirán para ser elixidos, co fin de garantir unha maior calidade na asignación de fondos públicos”, explicou Vázquez.•
•CONVENIO ENTRE O GDR RIBEIRA SACRA-COUREL E CAIXABANK
• O presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel e alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o director da área de Negocio de CaixaBank, Fernando Garza, asinaron este mes en Monforte un convenio de colaboración, a través do Banco Social Microbank.
Por este convenio, o GDR pon a disposición dos promotores de proxectos presentados ao Plan Leader a posibilidade de acceder, en condicións vantaxosas, a microcréditos para financiar a posta en marcha de ditos proxectos.•