Lugo, a provincia con máis proxectos na primeira convocatoria do Plan Leader

• Do total de 800 solicitudes presentadas polos 24 GDR nos dous primeiros meses do Plan, 261 proceden de Grupos de Desenvolvemento Rural lucenses

Imaxe da xuntanza mantida pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, coas directivas dos 24 GDR de Galicia, o 2 de maio en Santiago. GPCMR
• A comezos de maio, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión coas directivas dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, na que deu conta das primeiras solicitudes realizadas dentro do plan Leader 2014-2020, xestionadas polos GDR. En dous meses, prazo da primeira convocatoria das axudas, recibíronse 883 solicitudes, o que supón, segundo precisou a conselleira, un terzo das rexistradas en todo o periodo anterior, dende o 2007 ao 2013. Vázquez salientou este dato “positivo”, e destacou o “bo traballo” dos Grupos de Desenvolvemento Rural e das súas xuntas directivas. A conselleira amosou a súa confianza no resultado destes programas, xa que o volume de solicitudes rexistradas nesta primeira convocatoria deixan “patente o futuro alentador que agarda ao noso rural”.
Das 883 solicitudes, 261 foron rexistradas por Grupos da provincia de Lugo. O GDR Miño-Ulla, integrado polos municipios de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Portomarín, Sarria e Taboada, contou con 47 solicitudes, o mesmo número que as presentadas polo GDR Terras de Miranda, grupo co maior volume orzamentario en cando a proxectos presentados, ao sumar 8,4 millóns de euros.
SEGUNDA CONVOCATORIA
Estas solicitudes deberán ser avaliadas polos GDR e remitidas á Axenda Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) antes do 30 de xuño. Está en marcha unha segunda convocatoria para presentar máis proxectos, e que se resolverá segundo a dispoñibilidade de fondos.
En canto á financiación, o Plan Leader 2014-2020 introduce como novidade a posibilidade de transferir orzamentos entre grupos. Así, existe unha asignación inicial igual para os 24 GDR, de 563.337,58 euros por Grupo, pero no vindeiro exercicio as puntuacións realizaranse segundo a execución das iniciativas en cada grupo, establecendo un sistema competitivo. “Os proxectos competirán para ser elixidos, co fin de garantir unha maior calidade na asignación de fondos públicos”, explicou Vázquez.•

•CONVENIO ENTRE O GDR RIBEIRA SACRA-COUREL E CAIXABANK

O presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel e o director da área de Negocio de Caixabank, na sinatura do convenio. GDR

• O presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel e alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o director da área de Negocio de CaixaBank, Fernando Garza, asinaron este mes en Monforte un convenio de colaboración, a través do Banco Social Microbank.
Por este convenio, o GDR pon a disposición dos promotores de proxectos presentados ao Plan Leader a posibilidade de acceder, en condicións vantaxosas, a microcréditos para financiar a posta en marcha de ditos proxectos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O conselleiro de Economía destacou en Pantón o papel decisivo dos emprendedores

Seguinte Nova

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: