O club Korbis, terceiro no Campionato Galego infantil celebrado en Monforte

Os integrantes do Korbis Gonzalo Seguros infantil masculino, cos adestradores Oscar González e Ana Álvarez, logo de acadar a medalla de bronce no Campionato Galego disputado en Monforte o 29 de abril.
(Foto: Club Korbis Gonzalo Seguros).
• O pavillón de A Pinguela de Monforte acolleu de novo, logo dunha paréntese de máis de 14 anos, a fase final do Campionato Galego infantil masculino de Voleibol, o sábado 29 de abril. O club Korbis Gonzalo Seguros, que actuou de anfitrión, alzouse coa medalla de bronce, despois de arañar o pase á final por un set fronte ao campión galego, o Jealsa Boiro, segundo precisou o adestrador Óscar González.
GRAN RESPOSTA DO PÚBLICO MONFORTINO
Dende a directiva do Korbis Gonzalo Seguros, amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da xornada deportiva, caracterizada polo bo ambiente en grada e cancha, así como pola alta calidade do xogo dos catro equipos participantes.
Así mesmo, dende o Korbis valoraron a gran resposta do público monfortino e dos patrocinadores locais, un gran apoio para seguir traballando de cara a conseguir a organización das vindeiras fases finais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Volve o programa provincial Movémonos, destinado a concellos pequenos e colectivos sociais

Seguinte Nova

O Ecomuseo de Arxeriz publica o mapa interactivo do patrimonio románico da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss