O conselleiro de Economía destacou en Pantón o papel decisivo dos emprendedores

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, no encontro cos emprendedores de Lemos. GPXG

• O pasado 8 de maio, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, achegouse a Pantón para clausurar unha xornada informativa destinada a emprendedores da comarca de Lemos. Conde salientou o seu papel decisivo no crecemento e fortalecemento da economía galega. Neste sentido, o conselleiro lembrou «os bos datos» da economía lucense, que vén de rexistrar un descenso do paro nun 10% respecto a abril do ano pasado, ou o incremento dun 23% na creación de empresas durante 2016, o que supón, segundo precisou Conde, sete puntos por riba da media galega.

Pantón acolleu unha xornada informativa para emprendedores a principios de maio. GPXG

O titular autonómico de Economía falou da boa acollida das iniciativas que a Xunta está a desenvolver para apoiar o emprendemento na nosa provincia. Conde precisou que o espazo coworking, posto en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), contou coa participación de 17 proxectos, «dos que 8 xa son unha realidade». A nivel galego, foron 119 as iniciativas presentadas á primeira edición deste programa, e delas, 64 xa funcionan como empresas.
Por último, o conselleiro destacou as medidas postas en marcha pola Xunta para apoiar aos novos empresarios. Así, a Lei de Emprendemento  eliminou as licenzas municipais previas, e o convenio coa FEGAMP trata de impulsar os investimentos empresariais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Ecomuseo de Arxeriz publica o mapa interactivo do patrimonio románico da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Lugo, a provincia con máis proxectos na primeira convocatoria do Plan Leader

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss