• A riqueza patrimonial da Ribeira Sacra conta cunha nova ferramenta para a súa divulgación. O Ecomuseo de Arxeriz vén de publicar este mes o mapa interactivo das igrexas románicas situadas neste territorio.
LOCALIZACIÓN E FOTOS A TAN SÓ UN CLIC
En concreto, son 72 as referencias patrimoniais que poden localizarse neste mapa, elaborado, segundo explicou o director do Ecomuseo, José Antonio Quiroga, sobre o mapa hipsométrico do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Esta cartografía permite dispoñer dunha aproximación xeral ao territorio no que se localizan as igrexas, así como a rede de estradas de acceso e as localidades máis importantes da súa contorna. Quiroga precisou que cada igrexa vai identificada cun icono, enumerada para a súa rápida localización, e acompañada de fotografías do monumento. O mapa pode consultarse no enlace http://www.sotodefion.org/salas_etnografia.htm#mapa.

PREPARAN UNHA GUÍA COMPLETA DAS IGREXAS ROMÁNICAS DA ZONA
José Antonio Quiroga adiantou que este mapa interactivo forma parte dunha guía completa das igrexas románicas da Ribeira Sacra, que será publicada proximamente polo Ecomuseo de Arxeriz. A guía incluirá información adicional sobre cada un destes monumentos, cunha ficha de texto, fotos e mapa de ubicación con código QR.•