•Os cursos desenvolveranse “á porta”, a través de centros móbiles ou en espazos municipais habilitados provisionalmente •Os participantes recibirán o certificado de profesionalidade homologado
• O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a mediados deste mes a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización profesional de 2.500 mozos e mozas menores de 30 anos do rural, mediante 162 cursos que se desenvolverán durante este ano e o 2018, vinculados ao Sistema de Garantía Xuvenil. A duración bianual permitirá, segundo precisou Feijóo, ofrecer unha formación máis completa.
140 CONCELLOS ACOLLERÁN ESTES CURSOS
Segundo explicou o mandatario autonómico, a principal novidade deste programa é que inclúe “formación á porta”, de xeito que os cursos se van impartir nos 140 concellos do rural que non contan con centros homologados. Núñez Feijóo afirmou que, deste xeito, o Goberno galego quere garantir que a formación chegue aos mozos que viven nestas zonas. Os cursos impartiranse en centros móbiles ou en espazos municipais habilitados provisionalmente para este fin.

PARA FIXAR POBOACIÓN NO RURAL
O presidente da Xunta apuntou que este programa vai en consonancia cos obxectivos que están determinados no Plan de fixación de poboación no rural.

CURSOS VINCULADOS ÁS NECESIDADES DO MERCADO DE TRABALLO DE CADA ZONA
Estas accións formativas están deseñadas segundo as necesidades do tecido empresarial da zona na que se van impartir, primando os cursos con maior inserción laboral, e os enfocados ao uso das novas tecnoloxías. Unha vez completados os cursos, os participantes recibirán cadanseu certificado de profesionalidade homologado e con validez en toda España.
Segundo precisou o mandatario autonómico, os cursos poderán ser impartidos por centros formativos acreditados ou inscritos pola Xunta, xa sexan empresas, entidades sen ánimo de lucro ou concellos.

REDUCIR O PARO XUVENIL E CREAR EMPREGO ESTABLE NO RURAL
Núñez Feijóo explicou que este programa conta cun orzamento de 4,3 millóns de euros. Este investimento ten como finalidade, segundo precisou o titular autonómico, seguir reducindo o desemprego xuvenil, que caeu nun 15,78% no último ano, e achegar a formación ao rural para crear emprego estable e fixar poboación nestas zonas.
O presidente da Xunta lembrou que este programa de formación para mozos do rural está integrado na Axenda 20 para o Emprego que definiu o Executivo galego, e que ten como obxectivos a creación de 100.000 novos empregos, reducir a taxa de paro ata o 10%, crear ou converter 50.000 contratos en indefinidos, e conseguir unha inserción dun 60% trala formación.•