No sur de Lugo, hai máis de 300 usuarios deste servizo provincial •Aínda están dispoñibles 494 prazas que poden solicitarse en toda a provincia
Os responsables provinciais criticaron que a teleasistencia ofrecida pola Xunta obriga ao copago deste servizo, e deixa fóra a centos de maiores con limitacións, por non estar recoñecidos oficialmente como dependentes.
Na actualidade, son 1.061 as persoas usuarias do servizo de Teleasistencia da Deputación, aínda que o organismo provincial ofrece 494 prazas máis, ata cubrir un total de 1.555, financiadas cunha partida de 300.000 euros. As persoas maiores interesadas en empregar este servizo poden chamar ao teléfono 982 260 138.
Dos usuarios do servizo de Teleasistencia provincial, o 83% son mulleres, e o 17% homes. A zona Lemos-Chantada suma o 21,6% dos usuarios, A Mariña o 25%, e a comarca de Lugo o 24%. Pola súa banda, a comarca de Sarria representa o 7,8% do total das prazas, a Terra Chá o 17%, a Montaña o 4,2% e a Ulloa o 0,1%.•
•USUARIOS DA TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN NO SUR DE LUGO
•COMARCA DE LEMOS (141 usuarios): Bóveda (10) A Pobra do Brollón (7) Pantón (17) Sober (22) O Saviñao (22) Monforte (63)
•COMARCA DE CHANTADA (47 usuarios): Carballedo (6) Chantada (33) Taboada (8)
•COMARCA DE QUIROGA (42 usuarios): Quiroga (26) Ribas de Sil (16) Folgoso do Courel (0)
•COMARCA DE SARRIA (83 usuarios): Samos (0) Paradela (12) O Páramo (1) Triacastela (2) Sarria (56) O Incio (7) Láncara (5)