Máis dun milleiro de persoas son atendidas na provincia polo servizo de Teleasistencia da Deputación

No sur de Lugo, hai máis de 300 usuarios deste servizo provincial •Aínda están dispoñibles 494 prazas que poden solicitarse en toda a provincia

Imaxe de arquivo da visita do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a unha usuaria do servizo de Teleasistencia que ofrece o organismo provincial de xeito gratuíto. GPDL
• A Deputación de Lugo deu a coñecer este mes o datos de cobertura do servizo de Teleasistencia que está a ofrecer nos 67 Concellos da provincia. Un total de 1.061 persoas maiores, dependentes ou non, pero con dificultades na súa autonomía, están a empregar este servizo de xeito totalmente gratuíto.
CRÍTICA AO COPAGO DA XUNTA
Os responsables provinciais criticaron que a teleasistencia ofrecida pola Xunta obriga ao copago deste servizo, e deixa fóra a centos de maiores con limitacións, por non estar recoñecidos oficialmente como dependentes.
VALORACIÓN DA SITUACIÓN INDIVIDUAL
Dende a Deputación explicaron que a concesión das prazas do servizo de Teleasistencia prima os criterios sociais, polo que son os profesionais os que valoran cada caso de xeito individualizado, para garantir que conten coa prestación aquelas persoas que realmente a necesiten. Con esta finalidade, os traballadores sociais realizan visitas aos domicilios dos solicitantes, co fin de coñecer a súa situación, que inclúe o estado de saúde, os apoios familiares cos que conta, a capacidade de toma de decisións, o grado de soidade, dependencia ou discapacidade, ou se vive en zonas illadas ou de difícil acceso, entre outros factores.
Na actualidade, son 1.061 as persoas usuarias do servizo de Teleasistencia da Deputación, aínda que o organismo provincial ofrece 494 prazas máis, ata cubrir un total de 1.555, financiadas cunha partida de 300.000 euros. As persoas maiores interesadas en empregar este servizo poden chamar ao teléfono 982 260 138.
Dos usuarios do servizo de Teleasistencia provincial, o 83% son mulleres, e o 17% homes.  A zona Lemos-Chantada suma o 21,6% dos usuarios, A Mariña o 25%, e a comarca de Lugo o 24%. Pola súa banda, a comarca de Sarria representa o 7,8% do total das prazas, a Terra Chá o 17%, a Montaña o 4,2% e a Ulloa o 0,1%.•

•USUARIOS DA TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN NO SUR DE LUGO

•COMARCA DE LEMOS (141 usuarios): Bóveda (10) A Pobra do Brollón (7) Pantón (17) Sober (22) O Saviñao (22) Monforte (63)
•COMARCA DE CHANTADA (47 usuarios): Carballedo (6) Chantada (33) Taboada (8)
•COMARCA DE QUIROGA (42 usuarios): Quiroga (26) Ribas de Sil (16) Folgoso do Courel (0)
•COMARCA DE SARRIA (83 usuarios): Samos (0) Paradela (12) O Páramo (1) Triacastela (2) Sarria (56) O Incio (7) Láncara (5)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As probas de selección do programa Ben Empregado 3 sumaron máis de 2.500 candidatos

Seguinte Nova

Un cento de escolares da comarca de Lemos e Chantada “moveron ficha” pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: