•O muíño artesanal de Bendilló porase en marcha o domingo 28 de maio •Na Mostra haberá venda de produtos típicos da zona
O domingo 28 de maio, celebrarase a XVII Mostra do Aceite de Quiroga, na parroquia de Bendilló. Este evento, que conta coa categoría de Festa de Interese Turístico de Galicia, concedida pola Xunta, ofrece unha oportunidade única de asistir á elaboración artesanal do aceite, nunha xornada festiva que conserva o excepcional valor etnográfico desta singular labor tradicional.
PROGRAMA DE ACTOS EN BENDILLÓ
A XVII Mostra do Aceite de Quiroga iniciarase ás once e media da mañá, coa posta en marcha do muíño de Bendilló, que estará en funcionamento durante todo o día, con acceso libre para o público.
Xa ás doce menos cuarto, a animación chegará ao recinto feiral da man do grupo de música tradicional Os Palletas. Ás doce, comezará a cata oficial dos aceites participantes na Mostra, no interior da Capela das Farrapas. A música volverá en torno á unha e cuarto, coa actuación do grupo de danza San Martiño de Quiroga e a banda de gaitas local San Martiño. Ás dúas e media, será a quenda do grupo de gaitas quirogués O Recanto, que amenizará a Mostra.
O recinto feiral contará con postos de exposición e venda de produtos típicos da zona, ademais de postos de polbo e churrasco.
A Comisión organizadora da XVII Mostra do Aceite de Quiroga está presidida polo alcalde, Julio Álvarez Núñez, tendo como coordinador a José Luis Rivera Castro, e integrada polos colleiteiros Pedro Soto Losada, José Manuel López Maseda, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, e Manuel Mondelo Rodríguez.•