• O pasado 18 de maio, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, para instar á Xunta a iniciar os trámites para a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do Colexio de Nosa Señora da Antigua de Monforte.
JULIA RODRÍGUEZ SALIENTOU NA CÁMARA A IMPORTANCIA PATRIMONIAL E ARQUITECTÓNICA DO COLEXIO
A deputada monfortina do Partido Popular Julia Rodríguez explicou, na súa intervención na Cámara galega, que o Colexio de Nosa Señora da Antigua “alberga o que queda do importantísimo legado dun dos homes máis destacados do Renacemento, o cardeal Rodrigo de Castro”. Ademais, Julia Rodríguez enumerou as pezas que se conservan en Monforte grazas ao mecenado deste persoeiro, como dous cadros de El Greco ou táboas orixinais de Andrea del Sarto.
A deputada popular tamén salientou, na súa intervención parlamentaria, o valor monumental do Colexio, “unha das obras arquitectónicas máis fermosas e harmónicas de Galicia”.•