• Ata o 30 de maio pode verse no Auditorio Municipal de Chantada a exposición “Nós + outrxs en rede”, un proxecto colectivo que vén de completar o seu percorrido polos catro centros da Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da Deputación.
Nove artistas amosan microproxectos individuais, resultado das súas particulares reflexións sobre as problemáticas de xénero, segundo explicaron dende o organismo provincial.
A exposición inclúe os proxectos de Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris), Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta.•