Proxectos artísticos para reflexionar sobre a igualdade entre os xéneros en Chantada

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela, presentaron na vila do Asma a exposición “Nós + outrxs en rede”, no Auditorio Municipal, acompañados dos artistas participantes. GPDL

• Ata o 30 de maio pode verse no Auditorio Municipal de Chantada a exposición “Nós + outrxs en rede”, un proxecto colectivo que vén de completar o seu percorrido polos catro centros da Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da Deputación.
Nove artistas amosan microproxectos individuais, resultado das súas particulares reflexións sobre as problemáticas de xénero, segundo explicaron dende o organismo provincial.
A exposición inclúe os proxectos de Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris), Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un cento de escolares da comarca de Lemos e Chantada “moveron ficha” pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Reeditan libro escrito en 1594 con motivo da chegada do cardeal Rodrigo de Castro a Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: