Un cento de escolares da comarca de Lemos e Chantada “moveron ficha” pola Ribeira Sacra

•O Consorcio de Turismo levou ás aulas de tres colexios o xogo “Move ficha pola Ribeira Sacra”, que presentou na última edición de FITUR

 

Escolares do CEIP de A Pobra do Brollón coñecen os atractivos da Ribeira Sacra co xogo de mesa desenvolvido polo Consorcio de Turismo. CTRS
• O xogo de mesa “Move ficha pola Ribeira Sacra”, deseñado polo Consorcio de Turismo, realizou a súa primeira incursión entre os máis cativos. A mediados deste mes, un total de 100 escolares de 5º e 6 de Primaria dos colexios de A Pobra do Brollón e Sober, así como do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, coñeceron de primeira man o divertido pasatempo de preguntas e respostas co que puideron achegarse aos segredos da paisaxe e do patrimonio da Ribeira Sacra.

 

O alumnado do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada tamén participou do xogo “Move ficha pola Ribeira Sacra”. CTRS
INFORMACIÓN XERAL E FASE DE XOGO
A actividade ocupou unha xornada matutina do calendario escolares. En primeiro lugar, os estudantes, asistidos por monitores, recibiron unha explicación xeral sobre as principais características da zona e os seus valores artísticos, patrimoniais e vinculados ao territorio. A continuación, iniciouse a fase lúdica, na que os escolares traballaron en grupos, disfrutando dun xogo de preguntas e respostas en torno a varios temas, que deberon adiviñar botando man de técnicas como a mímica, o debuxo ou a imaxinación.

 

Escolares do CEIP Virxe do Carme de Sober disfrutaron co xogo “Move ficha pola Ribeira Sacra”, o pasado 15 de maio. CTRS
EN MÁIS CENTROS O VINDEIRO CURSO
Dende o Consorcio de Turismo explicaron que o xogo “Move ficha pola Ribeira Sacra” chegará a cinco centros máis a comezos do vindeiro curso escolar. Así mesmo, estase a plantear a produción deste xogo de mes para distribuílo polos centros escolares de xeito permanente, e tamén nos establecementos de aloxamento. O Consorcio non descarta incluso iniciar unha distribución comercial deste produto promocional. O obxectivo do xogo é dar a coñecer a Ribeira Sacra e espertar o interese polos seus atractivos.•

•COÑECENDO A RIBEIRA SACRA CUN DIVERTIDO XOGO DE MESA DE PREGUNTAS E RESPOSTAS

•O xogo establécese baixo a modalidade de pregunta-resposta. Os xogadores distribúense en varios equipos, que se alternarán na formulación de preguntas. As respostas deben ser adiviñadas polos outros equipos, a través de diferentes probas establecidas nos enunciados das tarxetas do xogo: mímica (“Olla e escoita”), ler os beizos (“Olla os meus beizos”), palabra prohibida (“Non cho podo dicir”), debuxar (“Vou a debuxar”), e pregunta directa (“(Ti sabes?”).
As preguntas contidas nas tarxetas, e que os xogadores deberán resolver, versan sobre oito temas en torno á Ribeira Sacra: xeografía, mosteiros, arte románica, oficios tradicionais, Camiño de Santiago, Entroido, construcións etnográficas da contorna, e a viticultura. (Fotos: CTRS)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis dun milleiro de persoas son atendidas na provincia polo servizo de Teleasistencia da Deputación

Seguinte Nova

Proxectos artísticos para reflexionar sobre a igualdade entre os xéneros en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss