As Festas e Feiras da Primavera do Páramo cumpren 41 anos

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación das Feiras e Festas da Primavera do Páramo. GPDTL

• Do 9 ao 11 de xuño, O Páramo celebra as Festas e Feiras da Primavera, unha cita coas celebracións máis tradicionais da comarca de Sarria, e que este ano acada a súa edición número 41.
A finais do mes de maio, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, recibiu aos responsables municipais e aos organizadores do evento, para presentar o programa da festa. O acto contou coa presenza do alcalde, Gumersindo Rodríguez, e por parte da Asociación de Amigos do Campo da Feira asistiron o seu fundador, Jesús Méndez, e o actual presidente, Manuel López.
No mediodía do venres 9 de xuño, terá lugar a Comida da Terceira Idade, e pola tarde a IX Festa da Xuventude. O sábado día 10, celebrarase unha sesión de adestramento e mostra canina en horario de mañá e tarde, que culminará cun concurso canino. Tamén terá lugar o desfile de gando con entrega de premios.
A cetrería protagonizará a xornada do domingo día 11, cunha exhibición de falcóns, seguida dunha mostra de tala de madeira con motoserra. Xa pola tarde, celebrarase unha mostra de doma de alta escola con espectáculo.
Diferentes agrupacións amenizarán as sesións vermú dos tres días, e as verbenas estarán a cargo das orquestras La Fórmula, Montreal e Costa Dorada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O dereito de patentes será o tema central das XI Xornadas Xurídicas Román García Varela en Sarria

Seguinte Nova

Nova ordenanza de recadación dos impostos municipais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: