Monforte premia aos mellores deportistas da tempada na Gala do Deporte

A Gala do Deporte monfortino celebrouse na Casa da Cultura o pasado 2 de xuño. GPCM
• O pasado 2 de xuño, celebrouse a Gala do Deporte que organiza o Concello de Monforte para premiar aos deportistas locais máis destacados da tempada.
PREMIOS ABSOLUTO E PROMESAS
Na categoría absoluta, foron premiados o piragüista Manuel Freire Rodríguez, e a atleta Saleta Fernández. Na categoría promesa, os gañadores foron os taekwondistas do ximnasio Neka Marco García e Laura Álvarez.
MÁIS PREMIOS
O premio ao mellor club correspondeu este ano ao Club de Voleibol Ribeira Sacra, e o galardón ao mellor adestrador foi para Santi Díaz. Como mellor árbitro, foi galardoada Andrea Pérez. O premio á deportividade recaeu no Club Baloncesto Val de Lemos. Por último, o xurado outorgou un recoñecemento especial do mundo do deporte a Manuel Luis Vázquez, encargado do mantemento do pavillón municipal de A Pinguela dende hai 29 anos, e ao atleta Ramiro Méndez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Música, natureza, gastronomía e arte daranse cita en Monforte e Sober no festival internacional 17º Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Preto de 50 equipos das categorías base participaron na Copa Deputación de Baloncesto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: