
• Unha delegación do Círculo Saviñao de Escairón participou o día 4 de xuño na romería que anualmente organiza a Federación Galega de Círculos e Casinos de Galicia.
A localidade coruñesa de Ares congregou a membros e representantes de dez sociedades procedentes das catro provincias galegas.
Este encontro de confraternidade e intercambio cultural vense desenvolvendo ininterrumpidamente dende o ano 1995.•