•O centro monfortino é un dos tres institutos da provincia que ofrece este programa formativo para adultos con metodoloxía on line
• A formación ao longo da vida é un dos eixos sobre os que se asenta o concepto da educación na época actual. Unha das ferramentas máis accesibles para os adultos é a Aula Mentor, unha iniciativa posta en marcha hai 25 anos polo Ministerio de Educación para levar a formación ás persoas que vivían lonxe dos núcleos rurais, aproveitando as vantaxes das novas tecnoloxías.
Cinco lustros despois, o programa Aula Mentor continúa a incorporar as últimas novidades que aporta a tecnoloxía, ademais de actualizar os cursos e engadir contidos renovados, para responder ás necesidades formativas e profesionais da sociedade.
MONFORTE, UNHA DAS TRES SEDES LUCENSES
Co gallo do 25 aniversario deste programa, a Dirección General de Formación Profesional do Ministerio, a través da Subdirección General de Aprendizaje a lo Largo de la Vida (ALV) y Educación a Distancia (ED), está a manter unha serie de reunións cos responsables das Aulas Mentor nas comunidades autónomas. O 30 de maio, celebrouse en Santiago o sexto encontro da ronda de contactos, correspondiente a Galicia, ao que asistiron responsables, administradores e coordinadores-tutores das Aulas Mentor. O IES Daviña Rey de Monforte, un dos tres centros lucenses que ofrece este servizo, xunto con IES Monte Castelo de Burela e o Centro EPA de Albeiros en Lugo, estivo representado polo profesor Vicente Docasar. A reunión, á que asistiron preto dunha vintena de coordinadores, estivo presidida pola subdirectora xeral de APL y ED, Esther de Andrés.
DATOS PARA DEBATER NO CONGRESO INTERNACIONAL
Segundo explicaron os responsables ministeriais, o encontro serviu para intercambiar experiencias e propostas que permitan mellorar o papel que desenvolve o programa Aula Mentor.
As conclusións desta reunión servirá, xunto cos datos obtidos na serie de encontros nas demais comunidades, como base de discusión para o Congreso Internacional sobre Aula Mentor, previsto para o mes de setembro.•