A canción mestiza de Muerdo e o mítico blues da banda Red House déronse cita no Círculo Saviñao

Jeff Spinoza e Francisco Simón, membros de Red House, disfrutaron na súa visita a Escairón. (Foto cedida).
Spinoza e Simón, integrantes da banda Red House, encheron de blues a noite de Escairón o día 17. (Foto cedida).
O cantautor murciano Muerdo na súa actuación no Círculo Saviñao o 10 de xuño. (Foto cedida).

• A axenda de eventos musicais do Círculo Saviñao ofreceu en xuño un excepcional programa doble. O día 10, a sociedade recreativa de Escairón foi etapa na ruta de promoción de “La Canción de la Carretera Tour”, que está a realizar por toda España o cantautor murciano Muerdo. Baixo este nome artístico traballa o poeta e compositor Paskual Kantero, que debutou en solitario co álbum “Flores entre el acero”, cuxa calidade foi recoñecida por destacados compositores e intérpretes como Luis Eduardo Aute. Na velada do día 10, Muerdo estivo acompañado  pola cantora mexicana Tyna Rosa.
O sábado 17, o auténtico blues encheu a sociedade de Escairón coa actuación de Red House. Jeff Spinoza, que fora cantante da Vargas Blues Band, e o guitarrista Francisco Simón, amosaron un amplo repertorio da mellor música norteamericana.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan en Santiago o Festival do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O CB Sarria celebrou o fin da tempada cunha festa e cea de confraternidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: