•A partida destinada a estas obras é de 750.000 euros •No sur de Lugo, desenvolveranse arranxos en 22 accesos dunha decena de municipios
• O Goberno provincial aprobou a comezos deste mes un total de 71 actuacións de mellora de accesos a núcleos rurais, para as que destina unha partida de 750.000 euros. Estes fondos inclúense no Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no medio rural, que integra varias liñas de acción, e vai dirixido a asociacións veciñais e a comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de toda a provincia.
Segundo explicou o deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, estas axudas teñen como finalidade “contribuír á igualdade de oportunidades, vivas onde vivas, defendendo a vida no rural”. Rodríguez Ónega lembrou o compromiso do presidente, Darío Campos Conde, de levar a cabo este tipo de actuacións “dende unha Deputación coas persoas e co rural”.
O deputado de Medio Rural precisou que estas achegas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva, nunha convocatoria aberta a todas as asociacións e comunidades da provincia. Rodríguez Ónega salientou que o importe máximo destas achegas foi de 12.000 euros por beneficiario, e, unha vez concedidas, a Deputación ofrece un anticipo do 95% de cada axuda.
As achegas financiarán obras de rehabilitación de camiños, e reafirmado de accesos a fincas forestais, agrogandeiras e vitivinícolas.
Por zonas, o Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no medio rural financiará 7 obras na Mariña con 63.000 euros.
Respecto á Terra Chá, aprobáronse 11 obras, que suman unha partida de 126.000 euros. Serán 9 as actuacións correspondentes á comarca de Lugo, e ás que o Plan destina 95.000 euros.
Pola súa banda, a Deputación aporta 131.000 euros a 12 actuacións na comarca de Sarria, das que 6 corresponden ao Incio, unha a Láncara, 3 a Paradela, e 2 a Triacastela.
Na comarca da Ulloa financiaranse 4 obras en Monterroso, cun orzamento provincial de 38.000 euros.
Así mesmo, na Montaña, serán un total de 18 obras as que se financiarán con 195.000 euros.
Por último, nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, a Deputación aprobou unha partida total de 102.000 euros en achegas para 10 obras, das que 2 corresponden a Monforte de Lemos, 3 a Sober, 2 a Quiroga, e outras 3 aos municipios de Bóveda, O Saviñao e Chantada.•
•MELLORAS EN ACCESOS NA COMARCA DE SARRIA
•O INCIO: (6 obras). Obra: mellora do acceso ao lugar de Castelo; importe: 4.972 €; beneficiario: CMVMC Mayor e Adrao. Obra: mellora e mantemento do acceso a Laiosa; importe: 11.950 €; beneficiario: AA.VV. Laiosa. Obra: mellora dos accesos a fincas agrogandeiras no lugar de Son; importe: 6.989 €; beneficiario: AA.VV. San Xoán de Noceda. Obra: melloras no camiño de Trascastro; importe: 11.554 €; beneficiario: AA.VV. Trascastro. Obra: melloras en pistas de Vilasouto; importe: 11.884 €; beneficiario: CMVMC Vilasouto. Obra: mellora de accesos entre Pacios e Vilaméa; importe: 11.979 €; beneficiario: AA.VV. Pacios.
•LÁNCARA: (1 obra). Obra: melloras no camiño Tralo Val; importe: 11.979 €; beneficiario: CMVMC Airexe, Cabezais, Pacio e Vilouzán.
•PARADELA: (3 obras). Obra: acondicionamento do camiño rural; importe: 9.818 €; beneficiario: AA.VV. San Vicente. Obra: arranxo do camiño rural; importe: 11.922 €; beneficiario: AA.VV. Cerxedo. Obra: mellora en varios camiños; importe: 11.992 €; beneficiario: CMVMC Montes Bosque, Sierra Laguela, Gandarón e Cabaleirón.
•TRIACASTELA: (2 obras). Obra: melloras no camiño de Valtransido; importe: 12.000€; beneficiario: AA.VV. Teixo e O Castiñeiro. Obra: rehabilitación de camiños de acceso a fincas agrogandeiras no lugar de Lamas, Lagua e Teixo; importe: 12.000 €; beneficiario: AA.VV. Lamas, Lagua e Teixo.
•MELLORAS NAS COMARCAS DE LEMOS, CHANTADA E QUIROGA
•BÓVEDA: (1 obra). Obra: mellora do camiño á igrexa da parroquia de Ver; importe: 11.542,95 €; beneficiario: CMVMC Ver.
•MONFORTE DE LEMOS: (2 obras). Obra: adecuación de camiños en Aradelas; importe: 11.936 €; beneficiario: AA.VV. Caneda Fontealbar. Obra: melloras en accesos aos núcleos rurais de Distriz e A Vide; importe: 11.977 €; beneficiario: CMVMC Distriz.
•O SAVIÑAO: (1 obra). Obra: melloras no firme do camiño en Bexán; importe: 11.902 €; beneficiario: Asoc. Viticultores O Saviñao.
•SOBER: (3 obras). Obra: melloras no camiño entre Cegoñeira e Mogueira; importe: 11.999 €; beneficiario: AA.VV. Santo Estevo. Obra: pavimentación do acceso ao núcleo rural de Doade; importe: 11.959 €; beneficiario: AA.VV. Ermita de San Mauro. Obra: arranxo dun camiño na parroquia; importe: 4.852,13 €; beneficiario: AA.VV. San Martiño.
•QUIROGA: (2 obras). Obra: melloras no camiño das Covas do Medo; importe: 5.513 €; beneficiario: AA.VV. Margaride. Obra: melloras no acceso á fonte de Movaes; importe: 6.719 €; beneficiario: AA.VV. Movaes e Sequeiros.
•CHANTADA:(1 obra). Obra: reparación do acceso peonil ás explotacións vinícolas en Nogueira de Abaixo; importe: 11.999 €; beneficiario: Agrupación de Usuarios do camiño de Nogueira.•