A Xunta realiza melloras na estrada LU-642 no Incio

•Nos vindeiros meses, arranxarán o tramo inicial entre Oural e Goó

Balseiro supervisou o inicio dos traballos na LU-642 entre O Hospital e A Ferrería do Incio, a comezos de xuño. GPDTL

• A comezos deste mes, a Consellería de Infraestruturas iniciou os traballos de mellora da estrada LU-642 no tramo de 6 quilómetros entre O Hospital ata a Ferrería do Incio. Segundo explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a Consellería inviste nesta actuación 138.476 euros. Balseiro adiantou que nos próximos meses, está previsto continuar cos arranxos no tramo inicial entre Oural e Goó.
Os traballos inclúense no plan ordinario de conservación e vialidade das estradas autonómicas. As obras consisten na rehabilitación do firme, limpeza das marxes e as cunetas, e sinalización horizontal e vertical. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte reuniu aos voluntarios da Cruz Vermella de Galicia no seu encontro anual

Seguinte Nova

Presentan en Santiago o Festival do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: