•O pregoeiro deste ano será o periodista e presentador José Manuel Parada
• O Concello de Monforte presentou a mediados deste mes o cartel gañador do concurso para elixir a imaxe que promocionará as Festas Patronais de 2017. O deseño escollido é obra de Eros Martinho Núñez, que recibiu 6.000 euros como premio. Segundo explicou o autor, o cartel representa artísticamente a impresión que recibe o visitante que se achega polo Morín a un Monforte en festas.
O alcalde explicou que a recuperación do concurso de carteis o ano pasado contribúe a ter “unha maior aportación de ideas” para divulgar as festas máis emblemáticas da cidade. Ao XXII Concurso de Deseño de Carteis presentáronse 19 traballos.•