• Os voos en globo aerostático que organizou este mes o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra superaron as expectativas. Ademais de cubrirse a totalidade das prazas que saíron á venda, rexistráronse preto de 600 consultas telefónicas e por correo electrónico para pedir información sobre a actividade e como reservala. Dende o Consorcio de Turismo están considerando a posibilidade de darlle continuidade a esta iniciativa.
A actividade desenvolveuse en dúas quendas, ao longo das fins de semana do 10 e 11 de xuño, e do 17 e 18 do mesmo mes. En total, participaron 84 persoas, das que 38 resultaran premiadas na pasada edición do concurso «Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra», e as 46 restantes adquiriron o billete co prezo promocional de 120 euros.
Segundo informaron dende o Consorcio de Turismo, os viaxeiros valoraron en xeral esta actividade como unha «experiencia inolvidable» e «totalmente recomendable». Ademais, aprobaron con nota a calidade do servizo, cualificándoo de «moi coidado e profesionalizado». •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o