As viaxes en globo, un exitoso atractivo para o turismo na Ribeira Sacra

Imaxes da segunda quenda de voos en globo aerostático, organizados polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. (Fotos: CTRS).

• Os voos en globo aerostático que organizou este mes o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra superaron as expectativas. Ademais de cubrirse a totalidade das prazas que saíron á venda, rexistráronse preto de 600 consultas telefónicas e por correo electrónico para pedir información sobre a actividade e como reservala. Dende o Consorcio de Turismo están considerando a posibilidade de darlle continuidade a esta iniciativa.
A actividade desenvolveuse en dúas quendas, ao longo das fins de semana do 10 e 11 de xuño, e do 17 e 18 do mesmo mes. En total, participaron 84 persoas, das que 38 resultaran premiadas na pasada edición do concurso «Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra», e as 46 restantes adquiriron o billete co prezo promocional de 120 euros.
Segundo informaron dende o Consorcio de Turismo, os viaxeiros valoraron en xeral esta actividade como unha «experiencia inolvidable» e «totalmente recomendable». Ademais, aprobaron con nota a calidade do servizo, cualificándoo de «moi coidado e profesionalizado». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aprobou por unanimidade o Plan Único, cun adianto do 80% dos fondos aos Concellos

Seguinte Nova

Aposta pola investigación cultural no XI Certame Condado de Pallares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: