Dende o 15 de xuño están en marcha os paseos en barca polo río Cabe ao seu paso polo tramo urbano de Monforte. O Concello vén de adxudicar o servizo ao Club de Piragüismo Quixós, que ofrece seis barcas con percorridos de media hora de duración para un máximo de seis persoas por embarcación. As rutas saen do embarcadoiro do Parque dos Condes, co mesmo prezo de 3,25 euros que o ano pasado. As barcas están operativas de luns a venres de 18 a 22 horas, mentres que nas fins de semana e días festivos os paseos poderán realizarse neste mesmo horario e tamén pola mañá, de 11 a 14 horas. As mesmas embarcacións participarán o 16 de agosto no espectáculo das Barcas Engalanadas, a partir das 23 horas, dentro da programación das Festas Patronais de Monforte. (Foto: Arquivo EC). •