Compromiso da Xunta co Museo do Ferrocarril de Galicia

Última reunión do Padroado do MUFERGA en Monforte o pasado 19 de xuño. GPDTL
• O Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA), con sede en Monforte, contará cunha achega económica da Xunta que igualará, ou incluso superará, os 21.000 euros que aportan cada unha das Deputacións de Lugo e Ourense. Así o manifestou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na última reunión do Padroado do MUFERGA, celebrada en Monforte o día 19. Balseiro precisou que a Xunta vai incluir unha partida específica con este fin nos Orzamentos de 2018.
GRAVACIÓN DUNHA PELÍCULA E AMPLIACIÓN DO TREN INFANTIL
Entre os asuntos tratados na orde do día, o Padroado do MUFERGA acordou a incorporación de Gerardo Pallares Sánchez, en representación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, que substitúe a Francisco Rosado Corral. Por outra banda, concretáronse aspectos do plan de actuacións deste ano, que inclúen a gravación dunha película dentro das instalacións con trens de vapor do Museo, pola produtora galega Vaca Films e dirixida polo cineasta monfortino Dani de la Torre. O custe da filmación, a cargo da produtora, ronda os 6.000 euros. O convenio entre o Museo e a produtora asinarase nas vindeiras semanas.
Outra das medidas acordadas foi a ampliación do circuíto de trens infantís, que se convertirá na maior infraestrutura deste tipo en España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Abanca e o comercio asociado de Chantada

Seguinte Nova

En marcha o programa PalillAD para impulsar o labor das palilleiras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: