
• O comercio asociado de Chantada e Abanca asinaron, o 20 de xuño, un convenio financieiro para impulsar a actividade comercial e económica da vila do Asma. Segundo explicaron dende a Asociación de Comerciantes de Chantada, o convenio facilitar aos asociados o acceso a produtos financieiros con condicións vantaxosas, ademais de facilidades para acceder ao servizo de terminais de punto de venda ou de venda electrónica, entre outros.•