
• A Deputación de Lugo está a desenvolver o programa PalillAD, unha iniciativa coa que poñer en valor o traballo das palilleiras e dinamizar a economía a través da labor artesanal.
Dentro da programación do PalillAD, o sábado 17 de xuño tivo lugar a primeira xuntanza de palilleiras que acolle a cidade de Lugo. Un total de 300 palilleiras procedentes de Galicia, Asturias e Castela-León compartiron as súas experiencias, nun espazo que incorporou un mercado de materiais para realizar encaixe e unha variada oferta gastronómica con prezos especiais.
Ademais da xuntanza, o programa PalillaAD ofrece unha exposición sobre as posibilidades do encaixe na moda e na decoración. A mostra pode verse ata o 25 de xullo na Capela de Santa María.
Este mesmo espazo acolle ata finais de xullo media ducia de obradoiros sobre técnicas de encaixe, impartidos pola artesá galega Milagros Vázquez.•