
• Sarria convertiuse, un ano máis, na capital xurídica do Estado coa celebración da edición número once das Xornadas Xurídicas Román García Varela os días 16 e 17 de xuño. Unha ducia de expertos en Dereito de patentes, procedentes do sector público, académico e privado, participaron neste evento que, anualmente, propón unha análise centrada nun aspecto concreto do Dereito.
A celebración das XI Xornadas Xurídicas contou coa colaboración do Concello de Sarria, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.•