
• A Xunta segue a impulsar a promoción e comercialización dos produtos da agricultura ecolóxica de Galicia. O pasado 10 de xuño, e no marco da celebración da 40ª Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, tivo lugar a sinatura dun acordo de colaboración entre a Xunta, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e a distribuidora Carrefour.
Segundo explicou en Silleda a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, este convenio marco busca fomentar a agricultura e gandeiría ecolóxica certificada, promovendo o consumo dos produtos ecolóxicos de calidade no mercado interno.
Así mesmo, Vázquez lembrou que este tipo de iniciativas serven para apoiar ás empresas que apostan por valores sociais e ambientais ao aplicar os parámetros da agricultura e gandeiría ecolóxicas nos seus procesos produtivos.•