Impulso á promoción dos produtos galegos de agricultura ecolóxica

O presidente do CRAEGA, José Antonio Fernández; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; e o director rexional de Carrefour para o Noroeste, Francisco Hipólito Rodríguez, na sinatura do convenio formalizada na 40ª Abanca Semana Verde de Galicia, o pasado 10 de xuño. GPXG

• A Xunta segue a impulsar a promoción e comercialización dos produtos da agricultura ecolóxica de Galicia. O pasado 10 de xuño, e no marco da celebración da 40ª Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, tivo lugar a sinatura dun acordo de colaboración entre a Xunta, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e a distribuidora Carrefour.
Segundo explicou en Silleda a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, este convenio marco busca fomentar a agricultura e gandeiría ecolóxica certificada, promovendo o consumo dos produtos ecolóxicos de calidade no mercado interno.
Así mesmo, Vázquez lembrou que este tipo de iniciativas serven para apoiar ás empresas que apostan por valores sociais e ambientais ao aplicar os parámetros da agricultura e gandeiría ecolóxicas nos seus procesos produtivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As cooperativas integradas en Aira planean fusionarse

Seguinte Nova

As Patronais de Monforte xa teñen cartel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: