
A XV Feira Tradicional Outrora de Rubián xa ten cartel anunciador. O deseño que promocionará este singular evento foi realizado por Juan José Castro Novo, veciño da parroquia de Salcedo, de A Pobra do Brollón. A imaxe da XV Feira Tradicional Outrora foi presentada o día 19 polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juiz, nun acto ao que tamén asistiu o autor do cartel.
A XV Feira Tradicional Outrora de Rubián, que recrea as feiras galegas de finais do século XIX e comezos do XX, celebrarase ao longo da xornada do vindeiro 14 de xullo.•